Sergio Remacha Vecino

San Sebastián, 1973

Licenciado en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de San Sebastian en 2001.

Dende 2001 ata 2005 forma parte do estudio Ismael Martinez-Villa en Vitoria como axudante de arquitecto.

Dende 2005 ata 2011 forma parte do estudio Minim en Barcelona como arquitecto e xefe de obra.

Juan José Esturao Pena

Touro, 1991

Licenciado en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña en 2017.

Tras ter colaborado co estudio Sánchez e Díaz, en A Coruña, forma parte do equipo de sommos dende 2016.

Servizos

  • Proxectos de arquitectura, arquitectura de interiores, decoración e deseño
  • Vivendas unifamiliares, de obra nova e/ou rehabilitación
  • Reformas integrais de pisos e locais comerciais
  • Dirección de obra, coordinación de licenzas, aparejadores e contratistas

Sempre á procura de solucións funcionais, sommos aposta nos seus proxectos por unha combinación de sinceridade construtiva, sistemas de confort enerxéticamente eficientes e materiais naturais tamén sostibles.

A estes parámetros fundamentais hai que engadir que sommos axústase ás necesidades reais que cada promotor aspira a obter, analizando previamente en profundidade todas as posibles variantes que ofrece un proxecto.

sommos presta especial atención a realizar unha xestión dinámica da obra, aportando solucións para mellorar continuamente o proxecto, e ao mesmo tempo controlando minuciosamente a execución dos traballos dos innumerables axentes que participan nunha obra.